Luns. 29.04.2024
El tiempo

Arrincaron as obras da travesía da Camuza, en Malpica

Arrincaron as obras da travesía da Camuza, en Malpica
Alcalde e Concelleiro de Malpica visitaron as obras da Camuza Alcalde e Concelleiro de Malpica visitaron as obras da Camuza

A empresa López Cao comezou xa esta pasada semana as obras da travesía da Camuza. Unhas obras que permitirán seguir mellorando a circulación e a seguridade viaria nesa zona tan transitada. O investimento acada os 43.681 euros, que son financiados con cargo ao POS 2016,

Dentro deste mesmo plan tamén están en execución as obras de conservación e mantemento do firme en Escras (Cambre) e Mens-Oratorio-Badarra (Mens). Os traballos contan cun orzamento de 38.998,30 euros e son executados pola empresa Construcciones López Cao. O POS 2016 permite acometer proxectos de mellora da rede viaria por preto de 110.000 euros.

Fonte

  • Concello de Malpica.

Comentarios