Arrincaron os paseos co artista Suso Martínez por Malpica
A semana pasada deu comezo unha nova edición dos paseos guiados pola localidade a cargo do historiador, actor e guía Suso Martínez. Baixo o lema "Historias lugrisianas, morfoloxías mariñeiras e lendas célticas", Martínez ofrece fascinantes percorridos pola localidade.
Todas as saídas fanse dende a Oficina de Turismo de Malpica. Estas son as Datas e horarios das visitas:
- 12 de xullo: 19:00 h
- 21 de xullo: 19:00 h
- 28 de xullo: 12:00 h
- 3 de agosto: 19:00 h
- 11 de agosto: 19:00 h
- 15 de agosto: 12:00 h
- 25 de agosto: 20:00 h
- 30 de agosto: 12:00 h
Para máis información e reservas, os interesados poden contactar a través do correo electrónico auxiliarmalpica@gmail.com ou chamando ao teléfono 981 720 001.
Estas actividades, organizadas pola área de Turismo municipal, están deseñadas para proporcionar unha experiencia enriquecedora tanto á veciñanza como a visitantes, permitindo descubrir as fascinantes historias e lendas que conforman a identidade de Malpica.