Mércores. 23.10.2024
El tiempo

Arrincaron os paseos co artista Suso Martínez por Malpica

cartel_suso_martinez
Arrincaron os paseos co artista Suso Martínez por Malpica

A semana pasada deu comezo unha nova edición dos paseos guiados pola localidade a cargo do historiador, actor e guía Suso Martínez. Baixo o lema "Historias lugrisianas, morfoloxías mariñeiras e lendas célticas", Martínez ofrece fascinantes percorridos pola localidade.

Todas as saídas fanse dende a Oficina de Turismo de Malpica. Estas son as Datas e horarios das visitas:

  • 12 de xullo: 19:00 h
  • 21 de xullo: 19:00 h
  • 28 de xullo: 12:00 h
  • 3 de agosto: 19:00 h
  • 11 de agosto: 19:00 h
  • 15 de agosto: 12:00 h
  • 25 de agosto: 20:00 h
  • 30 de agosto: 12:00 h

Para máis información e reservas, os interesados poden contactar a través do correo electrónico [email protected] ou chamando ao teléfono  981 720 001.

Estas actividades, organizadas pola área de Turismo municipal, están deseñadas para proporcionar unha experiencia enriquecedora tanto á veciñanza como a visitantes, permitindo descubrir as fascinantes historias e lendas que conforman a identidade de Malpica.

Comentarios