As numerosas capturas de velutina en Carballo e Malpica ratifican o seu preocupante avance

Raíñas de Avespa velutina capturadas en Carballo

Primeiros resultados da campaña de trampeo da avespa velutina impulsados polos nosos concellos, que toman o mando da loita conta esta praga ante a parálise da Xunta. E son cifras que incitan ao optimismo, pois só os concellos de Carballo e Malpica capturaron 2.500 raíñas desta especie invasora durante estes meses. De novo, a colaboración de veciños e apicultores está sendo fundamental.

Por exemplo, durante o primeiro mes que puxeron en marcha o Concello de Malpica e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, coa colaboración de apicultores e cidadáns, entre os que se repartiron un centenar de trampas e líquido atraente, foron capturadas preto de 500 raíñas.

Case 2.000 raíñas en Carballo

En Carballo, as cifras son impresionantes. En pouco máis dun mes triplicouse o número de capturas que o ano pasado, e polo tanto evitouse que se formasen outros tantos niños. Unha cifra que en todo caso tamén é preocupante, pois demostra o importante avance desta praga.

O pioneiro servizo municipal de control de pragas conta este ano coa inestimable axuda tanto dos/as apicultores/as coma dos centos de alumnos e alumnas de todos os colexios de infantil e primaria que participaron na campaña divulgativa desenvolvida durante os meses de xaneiro e febreiro. Nestes momentos hai colocadas centos e centos de trampas por todo o termo municipal, aínda que máis da metade das capturas concéntranse en dúas parroquias: Rus e Carballo.

Nº de raíñas cazadas por parroquias

Aldemunde
ArdañaArtesBerdilloBértoaCancesCarballoEntrecrucesZona BaldaioRazo-OzaRusSofán TOTAL
211511612845404211012535259421.950
A campaña de trampeo, que comezou máis tarde do previsto debido ao mal tempo, continuará ao longo do mes de maio co obxectivo de evitar a proliferación de niños. Desde o Concello de Carballo, que o ano pasado investiu 35.000 euros na loita contra a avespa asiática, existe a firme determinación de seguir loitando contra esta praga, un labor no que resulta de gran importancia a colaboración veciñal.

Fai a túa propia trampa

Todo o mundo pode colaborar facendo as súas propias trampas. Só fai falla unha botella de plástico cun burato polo que poida introducirse a avespa e un líquido atraínte, que pode ser calquera líquido doce (zume, auga con azucre...). É importante colocar as trampas preto de plantas coma camelias ou rododendros, e tamén das árbores de froita. De feito, a produción de froita está a sufrir, xunto coa poboación de abellas e de mel, as peores consecuencias da invasión de velutina.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com)