As numerosas capturas de velutina en Carballo e Malpica ratifican o seu preocupante avance


Primeiros resultados da campaña de trampeo da avespa velutina impulsados polos nosos concellos, que toman o mando da loita conta esta praga ante a parálise da Xunta. E son cifras que incitan ao optimismo, pois só os concellos de Carballo e Malpica capturaron 2.500 raíñas desta especie invasora durante estes meses. De novo, a colaboración de veciños e apicultores está sendo fundamental.
Por exemplo, durante o primeiro mes que puxeron en marcha o Concello de Malpica e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, coa colaboración de apicultores e cidadáns, entre os que se repartiron un centenar de trampas e líquido atraente, foron capturadas preto de 500 raíñas.
Case 2.000 raíñas en Carballo
En Carballo, as cifras son impresionantes. En pouco máis dun mes triplicouse o número de capturas que o ano pasado, e polo tanto evitouse que se formasen outros tantos niños. Unha cifra que en todo caso tamén é preocupante, pois demostra o importante avance desta praga.
O pioneiro servizo municipal de control de pragas conta este ano coa inestimable axuda tanto dos/as apicultores/as coma dos centos de alumnos e alumnas de todos os colexios de infantil e primaria que participaron na campaña divulgativa desenvolvida durante os meses de xaneiro e febreiro. Nestes momentos hai colocadas centos e centos de trampas por todo o termo municipal, aínda que máis da metade das capturas concéntranse en dúas parroquias: Rus e Carballo.
Nº de raíñas cazadas por parroquias
Ardaña | Artes | Berdillo | Bértoa | Cances | Carballo | Entrecruces | Zona Baldaio | Razo-Oza | Rus | Sofán | TOTAL | |
21 | 151 | 161 | 28 | 45 | 40 | 421 | 10 | 125 | 352 | 594 | 2 | 1.950 |
Fai a túa propia trampa
Todo o mundo pode colaborar facendo as súas propias trampas. Só fai falla unha botella de plástico cun burato polo que poida introducirse a avespa e un líquido atraínte, que pode ser calquera líquido doce (zume, auga con azucre...). É importante colocar as trampas preto de plantas coma camelias ou rododendros, e tamén das árbores de froita. De feito, a produción de froita está a sufrir, xunto coa poboación de abellas e de mel, as peores consecuencias da invasión de velutina.Novas relacionadas
- Abril 18: Malpica e Mazaricos toman novas medidas contra a velutina.
- Marzo 18: Carballo tamén comezou coa campaña de colocación de trampas para a avespa velutina.
- Marzo 18: O Concello de Zas comezou ca instalacións de trampas para a velutina ante a pasividade da Xunta.
- Marzo 18: Zas tamén lidera a loita de concellos e veciños contra a velutina.
- Marzo 18: Momento ideal para afiar a guerra contra as raíñas veluntinas.
- Febreiro 18: Santa Comba decláralle a guerra á avespa velutina.
- Xaneiro 18: Balanzo dun ano da “Guerra da Velutina” en Carballo.
- Novembro 17: Medio centenar de veciños de Malpica aprenderon os trucos para combater a avespa velutina.
- Novembro 17: Malpica colle o relevo de Santa Comba na loita informativa contra a avespa velutina.
- O servizo de control de pragas de Carballo retirou 380 niños de vespa velutina no que vai de ano.
- A loita contra a avespa velutina xa enche ata os auditorios
- Os voluntarios de Protección Civil de Malpica retirou medio centenar de avespa velutina.
- O pioneiro servizo municipal de control de praga de Carballo elimina 118 niños de avespa velutina nun mes.
- “Os Concellos estamos atados para loitar contra a avespa velutina”.
- Agosto 2017: Santa Comba recibe un novo traxe para loitar contra a avespa velutina.
- Maio 2017: Santa Comba aposta polas trampas contra a avespa velutina.
- Marzo 2017: Carballo probou a innovadora trampa de Ernesto Astis para a avespa velutina.
- Xaneiro 2017: Un Modesto repaso aos costumes avespa velutina.
- Xullo 2016: Cee contra as avespas e abellas.
- Outubro 2015: Avespa velutina: Aprendendo a convivir co inimigo.
- Agosto 2015: Outro verán de avespa asiática na Costa da Morte.
- Agosto 14: A avespa asiática chega a Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected])