As Asociacións de Malpica explican a súa non participación na Festa Galega
08 de setembro de 2022 (09:34 h.)
Traeu cola a falta das 3 asociacións malpicás de Carcaxía, Malante e Raigañas na Festa Galega de finais de agosto. Levaban 4 anos sendo parte fundamental desta festa de aí a sorpresa no seo da veciñanza.
Varias semanas despois as entidades envían este comunicado conxunto explicando a situación dende a súa postura.