Venres. 26.04.2024
El tiempo

A Festa Galega convertiuse e todo un festival de música tradicional

Icia Varela con Caamano e Ameixeiras no escenario de Malpica
Icia Varela con Caamañno & Ameixeiras no escenario de Malpica protagonizando un dos momentos da fin de semana
A Festa Galega convertiuse e todo un festival de música tradicional

Completa fin de semana a vivida en Malpica coa Festa Galega maridando á perfección co Mercado Medieval Mariñeiro. Dúas propostas que servirion para encher a vila outra fin de semana de verán.

Xa o xoves arrincaba o Mercado con 32 postos de artesanía e gastronomía, que non pararon de funcionar ao longo dos 4 días.

Malante na Festa Galega de Malpica

A Festa Galega arrincaba co desfile de Bandas organizado pola Asociación Cultural Malante de Malpica, que perocrreu a vila coa Banda de Gaitas de Barbude de A Estrada.

Festa Galega Malpica no porto 2022

Xa pola noite abríase a Festa Galega, un festival de música tradicional con todas as da lei. O peirao malpicán vestiase de gala para recibir ás bravas Caamaño & Ameixeiras, no que tamén actuou como artista local invitada Icía Varela, cantante de Arredores. Foi, sen dúbida, un dos momentos da noite.

Ses na Festa Galega de Malpica
Sés

Sés foi o prato forte da xornada e fixo vibrar ós asistentes cos seus himnos e comprometidos discursos, e seguidamente foi a quenda das cantareiras de Ialma que encantaron ós asistentes co seu repertorio. A banda Ialma e os carbaleses The Cerne puxeron o fin de festa.

Ialma na Festa Galega de Malpica
Ialma 

Se durante o sábado o Mercado seguíu funcionando a tope, o sábado pola noite Malpica volvía disfrutar da música tradicional. A Charanga ACDC fixo vibrar aos asistentes, dende o primero minuto, interpretando cancións populares e despediuse do público con Paquito Chocolateiro e Agárrate Saxo. A banda Arredores (da cerquedá Icía, e  o baixista baiés Lucas, o batería vimiancés Brian e o acordeonista e guitarrista de Guísamo, Andrés) meteuse ao público no peto, sobre todo cando interpretou o Maneo de Malpica.

Arredores copia
Arredores

O Concelleiro Alfredo Cañizo, organizador do evento, amosou a súa satisfacción pola acollida do evento, e avanzou que o Concello xa está a traballar para preparar unha nova edición de cara o ano que ben.

Arredores 2 copia

Gastronomia na Festa Galega de Malpica

Comentarios