Buño celebra os 29 anos da Mostra de Olería con 10 días de actividades

Xa está en marcha a XXIX Mostra da Olería de Buño, que se desenvolverá na vila malpicá entre o 3 e o 12 de agosto de 2012. Unha nova e completa sesión na que o barro costeiro é o protagonista, da man dos seus oleiros, artesáns dos máis famosos da Costa da Morte. I é que falamos dunha Festas Declaradas de Interese Turístico de Galicia.

O completo programa contempla unha serie de actividades permanentes en forma de exposicións, a actividade do Ecomuseo do Forno do Pote e obradoiros e actuacións diarios; e tamén unha batería de actividades paralelas moi completa.

Así, a Casa do Oleiro acolerá as Exposicións "Os Nosos Oleiros" e dos “Oleiros de Buño”, un Obradoiro de barro para nenos cada tarde, e actuacións de música, danza e circo cada día a partir das 19:00h.
Na Carpa poderanse visitar os stands de venta dos oleiros, así como as súas exhibicións en vivo do oleiro ao toro cada día de 12:00h a 14:00h e de 18:00h a 21:00h.

Como actividades paralelas podemos salientar o VIII Encontros de música e danza tradicional, coas A.C. Carcaxía, A.C. Raigañas, A.C. Malante. Un Encontro que terá lugar o venres 3 de agosto ás 17:00h, antes mesmo da inauguración.

O sábado 4 de agosto terá lugar a espectacular carga e prendido do Forno do Pote para rematar coa Festa da Carroa.

Haberá tempo para o fútbol coa dispita, o domingo 12 de agosto, do Trofeo Mostra Olería de Futbol cun triangular no Campo de Futbol de Xaviña entre os equipos do Concello: Malpica S.C.D. – U.D. Cerqueda – Buño S.D. Ese mesmo día será o peche da Mostra.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).