Luns. 18.11.2019
El tiempo

Unha de Festas de Interese Turístico na Costa da Morte

Unha de Festas de Interese Turístico na Costa da Morte

Tempo de verán e as festas toman a vida social da Costa da Morte. Non se fala doutra cousa, a política, por sorte, queda nun segundo plano, e o fútbol apenas dá que falar. En verán e na Costa da Morte, só falamos de festas.

Facendo un repaso ás nosas Festas hoxe queremos destacar o potencial turístico que teñen. E para iso facemos uso dunha catalogación, que para ben ou para mal, non deixa de ser precisamente iso, unha catalogación. Son varias as Festas de Interese Turístico Nacional da nosa bisbarra, e queremos deixalas patentes.

A semana pasada a parroquia vimiancesa de Carnés vivíu a súa Fagía, onde os callos toman o protagonismo nunha das festas máis senlleiras da Costa da Morte, con máis de 400 anos de antiguidade.

Se por Carnés disfrutaron dos callos, esta semana toma o relevo Esteiro, coa súa Festa das Carrilanas que inclúe 3 días de orquestras ademais do XXIV Gran Premio de Carrilanas de Esteiro 2011.

A Semana Santa tamén conta coa súa festa declarada de Interese Turístico, como son as Festas do Santisimo Cristo de Fisterra. Hai pouco tivo lugar a Romaría do Santo Hadrián de Malpica. Pero en Malpica tamén poden loubarse de ter a Mostra de Olería de Buño. E de Mostra a Mostra e marchamos ata Camariñas para seguir respirando tradición na Mostra do Encaixe de Camariñas.

Queda pendente tamén unha das festas máis salvaces do verán: San Fins do Castro, onde o viño convírtese en arma de destrución masiva.
E para setembro quédanos a favorita dos nosos lectores (véxase abaixo) a Romaría da Virxe da Barca, a Festa das Festas.

E actualizando, este xullo de 2013 fíxose pública a declaración da 9ª Festa de Interese Turístico Galego, o Naufraxio de Laxe.

Toda a información festeira

Fonte

Comentarios