Venres. 19.04.2024
El tiempo

Este Nadal, a cabalgata de Reis será dixital

Reis 2020 en Carnota
Este Nadal, a cabalgata de Reis será dixital

Mentres o goberno central estudia como van ser as ceas de Nadal, mentres debate se se poderán xuntar 6 persoas, se contan os menores ou se se poderá contar por núcleos familiares, o que parece evidente é que non haberá grandes concentracións. Non haberá Cabalgatas de Reis, e de feito, os Concellos de Carnota, Corcubión e Malpica xa nos avanzan hoxe como vai ser esa imprescindible cita para @s nos@s pequen@s.

Os tres concellos están adheridos á campaña Nadal2020. Os que desexen ter unha conversa coas súas maxestades, terán que inscribirse na plataforma web www.nadal2020.es (ata o 29 de decembro). Os Reis contactarán por whastapp para explicarlles que non poden desfilar polo pobo, pero que sí irán pola noite a deixarlle os agasallos a pesar de todo o que estamos a vivir!!!!

Programa carnotán

O Concello carnotan xa avanza a programación de Nadal prevista para levar a cabo no Concello de Carnota dende o 11 de decembro ata o 5 de xaneiro. Coas medidas oportunas para este tempo que estamos a vivir, e sobre todo, para que a xente poda ir reservando a súa praza, xa que todas as actividades son con reserva previa.

Programa Nadal Carnota 2020

Comentarios