A Confraría de Malpica, que factura 3,6 millóns, pídelle á Consellería accións para mellorar a comercialización

Reunión dos responsables da Confraría de Malpica co novo Director de Pesca da Xunta

A confraría de pescadores de Malpica rexistrou, no último exercicio, unha facturación de arredor de 3,6 millóns de euros, froito da comercialización de máis de 1.066 toneladas de produto na lonxa local, destacando especies como o ourizo, polbo, sardiña, bocarte, abadexo, robaliza ou percebe, entre outras.

Pero ten moita marxe de mellora segundo entenden dende o pósito malpicán, que apuntan “con pequenas cousas se pode axudar moito ao sector”. Así llo trasladaron este martes ao director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Isaac Rosón, nunha primeira toma de contacto institucional do novo responsable.

A Confraría trasladoulle varias peticións para mellora da comercialización, concretamente no programa que usan as confrarías de Lonxas Galegas. Unhas melloras que van dar melloras funcionalidades para todas as confrarías do país.

O pósito pediu tamén que Malpica sexa considerado como Porto de Mar de 10.000kg, unha medida que sería moi positiva para o sector do cerco.

E ademais, aínda que non sexa da súa competencia, compartiron tamén algunhas pequenas obras que xa lle teñen solicitado a Portos de Galicia.

Máis novas