As conversas de calidade enriquecen a oferta cultural de Malpica

Sergio Defreire da AC Campa, Marta Villar e Arturo Lezcano a pasada semana
  • Malpica cambiar a conversa de Arturo Lezcano a Carlos Taibo

Nivelazo fantástico o que pode gozar nestas semanas a familia de Malpica. As asociacións AC Campal e Mallas de Area están convertindo a vila nun fervedoiro de cultura. Un lugar onde habitan as conversas e os libros, gracias ao esforzo de dúas entidades veciñais, que a xente ten que valorar.

Esta pasada fin de semana, o Fogar do Pensionista recibía a visita de Arturo Lezcano. Despois de encher varios auditorios na súa xira por Arxentina e Uruguai, o xornalista presentaba en Malpica o libro “O País invisible”, no que reflexiona sobre a historia galega da emigración. Unha ocasión magnífica, aínda que pouco aproveitada pola veciñanza, para conversar sobre a diáspora con outra xornalista e escritora de referencia, a malpicá Marta Villar.

A entidade segue pensando na 5ª edición do Balsiña Fest para xullo, e a festa da Sardiña para o primeiro de agosto.

Nova cita

Xan Fernández Carrera no Fogar do Pensionista nas "Malladas"

Esta fin de semana hai nova vita, xa que continúa o ciclo de presentacións literarias Malladas. Tras traer a Xurxo Souto coa súa novela do bravú, a Xan Fdez. Carreira e Antonio Fernández coa súa guía natural da Costa da Morte, e a Xosé Manuel Varela e Nerea Gómez co seu libro sobre Begoña Caamaño, este venres 29 de maio, o Fogar do Pensionista acolle unha conversa con Carlos Taibo.

Carlos Taibo, unha das voces máis recoñecidas do pensamento crítico actual. Chega a Malpica para falar do estado do mundo con argumentos que non vas oír en ningún noticiario. Unha nova ocasión para unha conversa interesante. Taibo presenta ademais o seu libro “Un mundo que se nos va. Razones para rebelarse”.

Máis novas