sábado. 18.04.2026
El tiempo

"Malladas", o novo programa de conversas de Malpica

Malladas en Malpica
"Malladas", o novo programa de conversas de Malpica

Segue demostrando a súa capacidade organizativa de eventos culturais a xente de Mallas da Area. A que era Comisións de Festas reconvertida en entidade sociocultural, prepara un novo programa de conversas e presentacións literarias para este mes de maio. Baixo o nome de “Malladas”, trala de convertir o Fogar do Pensionista no puntro de encontro para compartir palabra, palabra, identidade, memoria, paisaxe e pensamento crítico.

”Malladas non é só un nome. É unha maneira de entender as cousas: cando algo encaixa, emociona e deixa pouso, dicimos que saíu mallado”, explican para dar un fío condutor ás citas literarias:

Xurxo Souto será o que abra o ciclo o sábado 2 de maio, ás 20:30h coa presentación de “A Novela do Bravú”, unha viaxe pola música popular galega dos 90.

O venres 8 de maio, tamén ás 20:30h, Xan Fdez. Carrera e Antonio Fdez. presentarán a guía “A Costa da Morte. Naturalmente única”. Unha ollada en clave de patrimonio, paisaxe e identidade.

O sábado 16 de maio serán Nerea Gómez, Icía Varela e Xosé Manuel Varela os que veñan falar de Begoña Caamaño, a escollida como homenaxeada polo Día das Letras Galegas.

Xa o venres 29, para pechar en clave de pensamento crítico, Carlos Taibo trae unha reflexión sobre a sociedade actual.

Comentarios