Da tradición da Raigañas, ao lírico do Conservatorio e ao pop do Youtube, con Icía Varela

Icia Varela cantando no youtube

16, case 17 anos, ten Icía Varela, unha brava muller de Cerqueda que canta dende pequena, pero que o fai “profesionalmente” dende hai ano e medio. Agora é Estudiante de Canto no Conservatorio da Coruña, e compaxina o canto lírico coas cousas que grava na casa en clave de pop e que vai subindo ás redes sociais.

Escoita de todo menos reggeaton e rap. É fan de Sés, así como de Pastora Soler ou Malú. E cantar, gusta cantar de todo, como comprobamos neste vídeo no que participa Concurso da Cancións Blue Jenas e no que necesita os votos para pasar a semifinais:  

Criada no seu dunha familia tremendamente vencellada ao mundo cultural (a nai Bego do Manso ten sido parte intrínseca da A.C. Raigañas; mentres que o pai, Xose Manuel Varela, é un dos dinamizadores culturais máis prolíficos da comarca de Bergantiños, ademais de gran acordeonista), Icía tamén lóubase do seu facer como cantareira. Aquí a vemos co seu grupo “No fío da Ferreña”, vinculado á Raigañas, Asociación con máis de 36 anos de historia na que agora colabora coa directiva e é mestra de pandeireta:

https://www.facebook.com/804256383041915/videos/929467810520771/  

E bueno, alucinade como canta lírico:

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).