Denuncian o abandono do legado de Lugrís en Malpica

Non todos os Concellos teñen un referente cultural como Urbano Lugrís. E non todos os concellos que o teñen saben sacarlle proveito, amosalo, querelo. Por Ponteceso teñen un exemplo perfecto co bo de Pondal, pero en Malpica aínda non souberon demostrarlle a Lugrís o seu agradecemento.

Un exemplo é o mal estado de conservación do legado de Lugrís na Casa do Pescador de Malpica.. Como vemos nas imaxes, todos estes murais necesitan unha boa man...

Nese sentido, critica o veciño Adrián Abella o que el considera "mal gasto" (pero que xenera debate nas redes sociais) no proxecto turístico "O mar de Sisargas, e iso que mesmo o logo está inspirado na balea de Lugrís e que no marco do proxecto haberá unha ruta sinalizada pola a zona urbana seguindo a historia do pintor que se chamará "Tras os pasos de Lugrís".
Como podes vender Malpica a través de Lugrís, creando una ruta sobre a estancia e a obra de Lugrís neste porto, sen gastar un peso en adecentar os locais onde se gardan as súas pinturas e sen nombrar os feitos persoas e lugares máis sobresaíntes relacionados con Lugrís?, pregúntase Abella.

En todo caso, o propio Abella sinala que leva anos pedíndolle ás administracións un pouco de atención ao legado de Lugrís. Pero as respostas sempre foron as mesmas: "Estamos niso". E lanza a todos: ao patrón maior e presidente da Federación de Confrarías, ao ex alcalde Varela; ao actual alcalde Parga que foi socio de Varela nos seus inicios; ao anterior socio de goberno Alfredo Cañizo. Estes dous, por certo, os valedores do novo proxecto de dinamización turística.

Abella ten claro que o básico sería crear un espazo visitable, un museo, coa obras de Lugrís. E completándoas con moitas máis riquezas relacionadas co porto e co mar de Malpica e das Illas Sisargas. Esa posta en valor serviría para que dende a vila se recoñecese o tesouro, e para que os visitantes coñecesen ao meirande creador do municipio.

Aquí vos deixamos con unha pequena mostra de todo o que foi capaz de facer este pintor surrealista de orixes bergantiñás.

Novas Relacionadas

Fonte