Deporte e solidaridade únense en Malpica

Os promotores da Travesia a Nado entregaron 200 quilos de alimentos para o banco municipal de Malpica Unha vez máis, o deporte e a solidaridade volvense a unir. Nesta ocasión foi en Malpica onde grazas ás iniciativas impulsadas polos organizadores da Travesía Sisargas e pola UD Cerqueda, as 21 familias usuarias do banco de alimentos que xestionan a concellería de Servizos Sociais e a Fundación Amigos de Galicia, e do que se benefician un total de 64 persoas, recibirán nos próximos días unha axuda extra. Daniel Gambón, promotor da Travesía a Nado, vén de facer entrega ao concello de Malpica de 200 quilos de alimentos para o banco municipal. Por segundo ano consecutivo, cada participante na proba deportiva colabora con esta iniciativa cun quilo de produtos non perecedoiros. Aos 190 quilos de arroz, conservas, leite, azucre, aceite e demais alimentos achegados polos 190 participantes, a organización engadiu outros dez, ata completar os 200. A concelleira de Servizos Sociais, Marisol Blanco Gorín, que recibiu os alimentos xunto co alcalde, Eduardo Parga, e o concelleiro Miguel Fernández, expresou o seu agradecemento a Daniel Gambón e aos participantes na Travesía Sisargas por “este xesto tan altruísta e tan importante, porque beneficia a familias que carecen dos recursos necesarios para cubrir necesidades tan básicas coma a alimentación”. Convencidos tamén de que o deporte debe ir moito máis alá da competición, os membros da xunta directiva da UD Cerqueda tamén destinarán este ano a recadación do Trofeo Solidario Os Petóns, que se disputará este sábado 6 de agosto, ao banco de alimentos do concello de Malpica. Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Malpica