Unha andaina polo ceo de Malpica
06 de agosto de 2022 (09:14 h.)
Mentres continúa durante todo o mes o programa Camiñar na Noite de Ponteceso, o Concello de Malpica súmase a estas propostas coa Andaina Das Estrelas. A cita será o vindeiro venres 12 de agosto, con saída ás 20.15 horas dende a Praza Anselmo Villar Amigo ata San Hadrián.
Disfrutarase da posta de sol, ver a superlúa de Esturión e a choiva de estrelas Perseidas.
Xa están abertas as inscricións (son de balde) e haberá unhas huchas nos lugares para recadar fondos contra o cancro. As persoas interesadas pódense anotar no Concello de Malpica de 09.00 á 14.00 horas e polas tardes de 15.00 á 22.00 horas no Jofra.