Martes. 19.03.2024
El tiempo

8 rutas para “Camiñar na noite” de Ponteceso

Clara Amado na saida nocturna de Ponteceso
Clara Amado na saida nocturna de Ponteceso
8 rutas para “Camiñar na noite” de Ponteceso

Tras o éxito das pasadas edicións, volve un ano máis o programa “Camiñar na noite”, que contará con 8 rutas de 6 km cada unha, aproximadamente, e que se celebrarán cada venres desde o próximo 8 de xullo ata o 26 de agosto.
As rutas realizaranse entre as 21:30 e as 00:00 horas, e será imprescindible levar lanterna e chaleco reflector.

É preciso inscribirse previamente. As inscricións poden realizarse de luns a xoves de cada semana, de 09:00 a 14:00 horas, a través da sede electrónica do Concello ou presencialmente, o Rexistro Xeral do Concello ou na Oficina Municipal de Corme. Para
máis información, pódese contactar coa Área de Turismo do Concello a través dos teléfonos 981 714 000 e 881 984 470 ou do correo electrónico [email protected].

As rutas son as seguintes:

  • 8/07 Percorrido: Tella- Anllóns (Saída e chegada Campo da Feira, A Trabe)
  • 15/07 Corme Aldea (Saída e chegada Igrexa)
  • 22/07 Percorrido: Langueirón (Saída e chegada Igrexa)
  • 29/07 Percorrido: Corme Porto (Saída e chegada Praza da Ribeira)
  • 5/08 Percorrido: Xornes (Saída e chegada Local Social)
  • 12/08 Percorrido: Brántuas e Niñóns (Saída e chegada: Pista deportiva)
  • 19/08 Percorrido: Cospindo (Saída e chegada: Ponte de Ponteceso)
  • 26/08 Percorrido: Cores-Nemeño (Saída e chegada: Local Social A Campara)

Cartel camiñar na noite Ponteceso 1011

Comentarios