Ecos oleiros e redeiros do 8M en Malpica
18 de marzo de 2019 (08:40 h.)
Os testemuños de Angeles Mille Rodriguez e Carmen Isabel Labrador Fariña lembraron que aínda queda moito por avanzar en materia de igualdade, pero tamén, como destacaron as dúas protagonistas da tarde, que xa é moito o que se leva avanzado nos últimos anos.
Xunto a elas estivo Ana López, presidenta provincial de Mulleres en Igualdade, que introduciu as distintas intervencións, e tamén participaron a concelleira de Servizos Sociais e Igualdade, Marisol Blanco Gorin, e o alcalde de Malpica, Eduardo Parga Veiga, para manifestar unha vez máis o compromiso do Concello de Malpica coas políticas que contribúan a seguir camiñando cara a igualdade real de oportunidades entre mulleres e homes.