Martes. 26.03.2019
El tiempo

8 DE MARZO

As mulleres da Costa da Morte protagonizaron unha nova mobilización histórica polo 8M

Medio millar de persoas de persoas manifestáronse en Cee polo 8M
Medio millar de persoas de persoas manifestáronse en Cee polo 8M
As mulleres da Costa da Morte protagonizaron unha nova mobilización histórica polo 8M

Nova xornada histórica a que vivíu o país neste 8 de marzo de 2019, Día da Muller. Se nas cidades galegas se viviron grandes manifestacións (houbo ata 40.000 persoas percorrendo Coruña), a Costa da Morte tamén demostrou que está iinmersa nesta loita pola igualdade. Medio millar de persoas manifestáronse pola mañá en Cee, e preto de 2.000 fixeron o propio pola noite en Carballo. Cifras que demostran que verdadeiramente estamos ante unha data histórica para a revolución feminista en Galicia.

Emocionante foi a manifestación matutina en Cee. A Plataforma 8m Costa da Morte uniu case que unha ducia de entidades para protagonizar esta cita histórica. Faltou moita xuventude (moitos mestres e mestras non perdoaron a época de exames), pero si que se viviu unha das manifestación máis numerosas que se lembran, ademais da de Ferroatlántica de marzo de 2017.

A Organización Feminista Buserana aglituinou na Plataforma entidades como As curandeiras de Vimianzo, as Cantareiras de Buxantes, ou varias ANPAS da zona, ademais da CIG, que encheu de bandeiras a celebración. “Cos nosos dereitos, non se negocia”; A igual traballo, igual salario”; “Feminismo para adiante, machismo para atrás”; “Esta é a nosa revolta”, “Aquí está, aquí se ve, o femininsmo galego en pé” foron algúns dos cánticos que se oíron.

Ao remate da manifestación, que saíu da praza 8 de marzo, foi ata Fernando Blanco e volveu pola Alameda ao punto de partida, varias das entidades leron un manifesto, destacando o das Canareiras de Buxantes, con aturuxo incluído.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Folga laboral, de coidados e de consumo

A xornada de protesta ía acompañada da folga. Unha folga que non se notou demasiado no sector do comercio, pois apenas media ducia de establecimentos pecharon a porta ma vila da Xunqueira, se ben sin foron algún máis os que fixeron un paro dunha ou dúas horas.

Destacable foi a folga de 11 mulleres do Hospital, se ben no Centro de Saúde impuxeron servizos mínimos femininos.

Máis impotante foi o paro na industria. O 50% da traballadoras de Ferroatlántica de Cee e a pr´ctica totalidae das mulleres da conserveira Calvo de Carballo pararon.

Concentración matutina e manifestación nocturna en Carballo

Doble cita reivindicativa en Carballo. Pola mañá varios centos de persoas se achegaron a praza do Concello para berrar moi alto. Pero foi a da noite, con máis de 2.000 persoas a cita máis emotiva, cunha manifestación convocada polo Círculo Feminista de Carballo que partiu dos Xulgados e percorreo o centro da vila.

Galería da Concentración de Cee

Mulleres da Buserana no 8 de marzo de CeeOLYMPUS DIGITAL CAMERA         OLYMPUS DIGITAL CAMERA         OLYMPUS DIGITAL CAMERA         OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Contra a violencia machista no 8 de marzo de CeeAPEM no 8 de marzo de Cee

Entrevistas 8M

Artigos 8M

Novas do 8 de marzo

Máis novas

Comentarios