Icía Varela estreará o seu proxecto Arredores na casa
24 de xuño de 2020 (14:04 h.)
Volve a cultura á comarca. Esta fin de semana teremos concertos no Casino 1889 de Carballo e tamén no Semáforo de Fisterra.
Unha das citas máis especiais será a posta en escena do dueto Arredores. A cerquedá Icía Varela, xunto con Andrés Rodríguez Boutureira non puideron debutar o pasado mes de abril pola pandemia. Ían facelo no Casino1889, precisamente, a onde seguro que volverán en breve, pero a estrea oficial será na casa, no Campo da Festa de Cerqueda, o vindeiro 11 de xullo.
Unha ocasión ideal para disfrutar desa marabillosa voz que mestura tradición e modernidade.
Máis novas musiqueiras
- O Casino reabre as súas portas con prensa e música.
- Volve a música ao Semáforo de Fisterra.
- Icía Varela baila co mar polos Arredores de Cerqueda.