Iván Muíño e Adrián Verdes recibiron na casa as medallas ao mérito de Protección Civil
06 de novembro de 2022 (21:03 h.)
Eran protagonistas o pasado mes de maio na entrega estatal. E esta fin de semana foron na casa. O alcalde de Malpica, Eduardo Parga, o concelleiro Miguel Ángel Fernández Mirás acompañaron hoxe aos voluntarios de Protección Civil de Malpica á entrega de medallas ao mérito de Protección Civil e de distintivos de permanencia na Protección Civil de Galicia.
José Iván Muíño Facal recibiu a medalla de bronce ao mérito de Protección Civil de Galicia e o distintivo de permanecía e Adrián Verdes recibiu o distintivo de permanencia.