Martes. 15.10.2024
El tiempo

As Agrupacións de Protección Civil de Malpica e Carballo, protagonistas da entrega de Medallas ao Mérito

As Agrupacións de Cee, Coristanco, Malpica, Ponteceso, Zas e Muxía tamén recibiron distincións.
Adrian de Lita Proteccion Civil
O malpicán Adrián de Lita, un dos galardoados polos seus 25 anos de exercicio
As Agrupacións de Protección Civil de Malpica e Carballo, protagonistas da entrega de Medallas ao Mérito

Fin de semana de condecoracións para varias Agrupacións de Voluntari@s de Protección Civil da Comarca. A Academia Galega de Seguridade Pública facía entrega das medallas ao Mérito e Recoñecemento á Antigüidade e a Constancia nas categorías de Bronce, Prata e Ouro. Unhas medallas que premia unha impagable labor de axuda á cidadanía.

Cerimonia entrega medallas Protección Civil malpica (5) copia
Malpicáns recollendo

Unha das máis galardoadas foi a Agrupación de Malpica. Ata 9 condecoracións recibiron na cerimonia. Na categoría de Bronce con distintivo branco foi recoñecido David Varela Abelenda; e con distintivo laranxa Carlos Antonio Formoso Canto e Marco Antonio Ures García. Na categoría de Prata con distintivo vermello a medalla foi entregada a Eduardo Rubén Díaz García e Iván Lema Botana.Na categoría de Ouro recibiron medallas distintivas Emilio Sayans Bonachera, Daniel Vázquez Añón, José Antonio Alfeirán Regueira e Adrián Verdes Suárez.

Cerimonia entrega medallas Protección Civil malpica (6) copia
Os voluntarios de Malpica co concelleiro Miguel Fernández e o alcalde Eduardo Parga
Proteccion Civil Carballo dos  medalla
Dous dos carballeses galardoados

Por bando carballés, Jesús Felipez Pazos, José Manuel Castro Tato, José Enrique Castro Ures, Leonardo Ramos Couto, José María Canedo Mariño e Sonia García Cotobal recibían a medalla de bronce con distintivo branco; Henar García Añón, Jesús Molina Rey, Antonio Barca López, Efrén Ures Souto, Juan Manuel Ruiz Mangas, Erika García Añón, Damián Varela Caamaño, Iván Rene Barreiro Cotelo recibiron a de bronce laranxa; Beatriz Rama Pereira, Juan Carlos Díaz Vázquez e Miguel A. Vidal Lorenzo a de Plata; e Eladio García Mariño, Antonio M. Pedreira Pereira e Juan Manuel Barca Añón a de Ouro, por 25 anos de dedicación.
Precisamente Francisco Javier Souto Facal e José Luís Barca Añón recibiron ademais a Gran Cruz da Constancia.

Proteccion Civil Carballo todos  medalla
Foto de famiila de Proteccion Civil Carballo

Ademais, a nivel grupal, entregáronse Placas ao Mérito de Ouro ás Agrupacións de Cee, Coristanco, Malpica, Ponteceso e Zas.

Proteccion Civil de Cee
Juanma Trillo recollendo, en nome da AVPC de Cee, o recoñecemento
PDGYE2729
Faustino Santiago e Modesto Parga, vice e presidente da AVPC de Ponteceso, aproveitaron para cargar pola falta de apoio do seu alcalde

Ademais, recibiron unha Medalla Covid19 distintivo ANAV varios membros da AVPC de Muxía (José Antonio González del Oso, Ramón Pérez Barrientos, Antonio Manuel Pérez Pereira, José Manuel Blanco Lema, Miguel Toba Vilela, Juan Cortés Lema, Estrella Paz Martínez, José Noya Suarez, José Manuel Riveiro Quintáns, José Luís haz Lema, Jesús González Picallo, Alejandro Muiño Vilela, Segundo Manuel Lema Graiño e Felipe Vilela Vilela) e de Carballo (José Luís Barca Añón, Francisco J. Souto Facal, José Manuel García Castro, José Manuel Lavandeira Lorenzo, Juan Manuel Barca Añón, Mónica María Lorenzo Castro, José Antonio Lorenzo Castro, Antonio M. Pedreira Pereira, Eladio García Mariño, Juan Carlos García Alonso, José Manuel Menéndez Varela, Sabino Menéndez Varela, José Manuel Cobas Fernández, Miguel A. Vidal Lorenzo, Juan Carlos Díaz Vázquez, Beatriz Rama Pereira, Javier Varela Golán, José Manuel Vila Recarey, Erika García Añón, Juan Manuel Ruíz Mangas, Henar García Añón, José Manuel Gerpe Loureiro, Pablo Mourón Mato, Damián Varela Caamaño, Alberto Manuel Caldas Mosquera, Marc Añón Mertz, Sergio Rodríguez Rama, Estanislao González Alvite, Nerea Rey Calviño, Adriana Velo Reborido, Celia Varela Blanco, Estela María Varela Gómez, Efrén Ures Souto e Rubén González Pose).

Comentarios