Jorge Mira abre as portas da eclipse en Malpica, Cabana e Zas
06 de agosto de 2026 (12:00 h.)
O Concello de Malpica será un dos mellores miradoiros para ver a eclipse do 12 de agosto.
E para ir quecendo motores, este domingo 9 de agosto, Mallas de Area convoca a Jorge Mira, un dos meirandes especialistas na materia, para coñecer por que esta eclipse será un acontecemento histórico, como observala con seguridade e como aproveitar ao máximo unha oportunidade que non volverá repetirse na nosa terra en moitas décadas.
A charla pecharase coa intervención poética de Gema Millán (LadyPoet).