sábado. 01.08.2026
El tiempo

Cabana, Ponteceso, Malpica, Carballo e A Laracha, os únicos lugares para ver a eclipse total na Costa da Morte

DANIEL_MATA_RONCUDO
O Cabo Roncudo será un lugar ideal para ver a eclipse total. Foto: Daniel Mata
Cabana, Ponteceso, Malpica, Carballo e A Laracha, os únicos lugares para ver a eclipse total na Costa da Morte

Moito se fala da eclipse do vindero 12 de agosto. E non é para menos tendo que en conta que pasarán máis 400 anos para que poidamos ver outra eclipse total na nosa comarca. De feito, é a primeira eclipse total visible desde a península desde 1905.

En calquera caso, a Costa da Morte xusto se sitúa na fronteira entre as zonas que poderán ver unha eclipse total, e as que ficarán cunha cita parcial, como podedes ver neste mapa. Unha boa parte da comarca só poderá ver unha eclipse ao 99,8-99,9%, algo que soa a «case igual» pero que non o é, como nos sinalan dende eclipseando.es. “Non é unha diferenza de grao, é outro fenómeno”, explican xa que “coa totalidade poderemos ver a coroa do sol rodeando a lúa, baixará a temperatura severamente e se poderán apreciar as estrelas” durante eses 25-55 segundos que dura a eclipse total. “Co 99,9 % non pasa nada diso”.

Concello a Concello

En realidade na comarca só os Concellos de Bergantiños (e non todos, porque Laxe non), vivirán unha eclipse total: Cabana, Ponteceso, Malpica, Carballo, Coristanco e A Laracha. Son moitos os puntos onde se poderá ver a eclipse, pois estará situada no Leste pero a unha altura duns 12º, sobre o horizonte. Pero recoméndase sempre un lugar que dea ao mar, para poder gozar tamén do solpor, que terá lugar algo menos dunha hora despois da eclipse, arredor das 21:20h.

Deste xeito, quedan fóra do fenómeno da totalidade, todos co 99,8-99,9 % pero sen un só segundo de escuridade total, os concellos de Fisterra, Muxía, Camariñas, Laxe, Cee, Corcubión, Carnota, Dumbría, Santa Comba, Vimianzo, Zas, Mazaricos e Muros.

Podes ver da man de eclipseando.es como se verá no teu Concello:

As fases

O proceso consta de 3 partes para os Concellos que vivirán a totalidade da eclipse. A primeira parte será de parcialidade, e comeza aproximadamente 50-55 minutos antes do momento de Totalidade, pero só se fará visibible nos últimos minutos, preto das 20:28, que será a hora da máxima totalidade, na nosa comarca, cando a lúa se poña complemente diante do sol, provocando unha baixada da luz espectacular que permitirá ver as estrelas, unha baixada de temperatura, e a saída da coroa do sol, un fenómeno espectacular.
A terceira fase, de novo parcial, durará máis ou menos o mesmo que a primeira.

Horas aproximadas da eclipse total do 12 de agosto na provincia da Coruña
Horas aproximadas da eclipse total do 12 de agosto na provincia da Coruña
Concello Totalidade Máximo
A Laracha 1:02 min 20:28
Malpica  52 seg 20:28:30
Carballo 52 seg 20:28:37
Ponteceso 41 seg 20:28:34
Coristanco 35 seg 20:28:43
Cabana  24 seg 20:28:41

Como mirar

Durante todo o proceso cómpre estar mirando con gafas homologadas ou dispositivos como caixas estancas, e só durante os segundos que dura a totalidade se pode mirar sen filtros.

Máis novas

Comentarios