Malpica coce barro e baila rock na Semana Santa Tralleira

Doble proposta en Malpica para esta semana Santa. Xa vimos os horarios da Cocedura de Barro en Buño, e hoxe facemos plans para as noites destas festas. Aí está a A.C. A Tralla facendo que a música non pare en Malpica, ao tempo que preparan xa o Nordestazo Rock.

O xoves 21 teremos a Festa da Carroa a partir das 21:00h e a música comezará a soar ás 23:00h co Concerto no Paseo Marítimo “Novedades Carmiña”, que xa estivo o verán pasado no Nordestazo.

Para o Venres Santo, ademais do pasarrúas da Banda de Música de Cee arredor das 19:30h, da Procesión da Paixón de Cristo ás 20:30h, os concertos serán no paseo marítimo a partir das 23.30h . “Kraxe” e “Metelasaque” serán as propostas musicais.

Para o sábado 23 de abril, ás 23.00h Concerto no Pub Submarino de “Os Monchos”.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).