Venres. 17.05.2024
El tiempo

Buño coce o seu barro por Semana Santa

Buño coce o seu barro por Semana Santa

Unha nova cita para esta Semana Santa na Costa da Morte. Se non será abondo coa Mostra do Encaixe, co Cristo de Fisterra, coa fervenza do Ézaro, coa Festa do Congro de Muxía... Por Buño tamén queren actividade, e vaia un tesouro do noso patrimonio etnográfico.

Así, o Ecomuseo do Forno do Forte, de Buño, vén de anunciar a Cocedura de Semana Santa, que se desenvolverá os días 21 e 22 de abril.

O xoves 21 de abril cargarase o forno ás 11:00h para logo proceder ao prendido do mesmo ás 15:00h. Pola noite, ás 21h celebrarase a Festa da Carroa. O venres 22 procederase á descarga do forno a partir das 11h.

Máis información

Fonte

Fonte

Comentarios