Malpica entregou os premios da campaña “Merca Primavera”

Este venres celebrouse no Salón de Plenos do Concello de Malpica o sorteo da campaña de dinamización comercial “Merca Primavera”, promovida pola Concellaría de Promoción Económica co obxectivo de apoiar o comercio local e incentivar as compras nos establecementos do municipio.

O sorteo, que foi retransmitido en directo a través do Facebook  do Concello, repartiu cinco tarxetas regalo de 200 euros entre as persoas participantes que realizaron compras entre o 15 e o 31 de maio nos negocios adheridos á campaña.

Estes foron os números premiados e os establecementos nos que foron emitidos:

  • 71026 – Lotería Pedra de Ouro
  • 43046 – Lotería Pedra de Ouro
  • 25492 – Farmacia Atlántico
  • 60958 – Peluquería Marta
  • 26592 – Farmacia Buso

No caso de que algún dos premios non sexa reclamado dentro do prazo establecido, activaranse os seguintes números de reserva:

  • 0139 – A Tenda de Vitora
  • 11701 – Carnicería Lola
  • 43200 – Lotería Pedra de Ouro
  • 6438 – Aliverixa
  • 73909 – Gasolineira Cerqueda
  • 45695 – Peluquería Ana Ures
  • 11220 – Carnicería Lola
  • 43570 – Lotería Pedra de Ouro
  • 38126 – Gasolineira Cerqueda
  • 60959 – Peluquería Marta

As persoas agracidas deben achegarse ao Concello de Malpica coa rifa premiada e o DNI.  A campaña “Merca Primavera” forma parte das accións impulsadas polo Concello para promover o consumo de proximidade e dinamizar o tecido comercial malpicán.