Malpica entregou os premios da campaña “Merca Primavera”

Este venres celebrouse no Salón de Plenos do Concello de Malpica o sorteo da campaña de dinamización comercial “Merca Primavera”, promovida pola Concellaría de Promoción Económica co obxectivo de apoiar o comercio local e incentivar as compras nos establecementos do municipio.
O sorteo, que foi retransmitido en directo a través do Facebook do Concello, repartiu cinco tarxetas regalo de 200 euros entre as persoas participantes que realizaron compras entre o 15 e o 31 de maio nos negocios adheridos á campaña.
Estes foron os números premiados e os establecementos nos que foron emitidos:
- 71026 – Lotería Pedra de Ouro
- 43046 – Lotería Pedra de Ouro
- 25492 – Farmacia Atlántico
- 60958 – Peluquería Marta
- 26592 – Farmacia Buso
No caso de que algún dos premios non sexa reclamado dentro do prazo establecido, activaranse os seguintes números de reserva:
- 0139 – A Tenda de Vitora
- 11701 – Carnicería Lola
- 43200 – Lotería Pedra de Ouro
- 6438 – Aliverixa
- 73909 – Gasolineira Cerqueda
- 45695 – Peluquería Ana Ures
- 11220 – Carnicería Lola
- 43570 – Lotería Pedra de Ouro
- 38126 – Gasolineira Cerqueda
- 60959 – Peluquería Marta
As persoas agracidas deben achegarse ao Concello de Malpica coa rifa premiada e o DNI. A campaña “Merca Primavera” forma parte das accións impulsadas polo Concello para promover o consumo de proximidade e dinamizar o tecido comercial malpicán.