Malpica ponse doce para recibir á Mikaela
Esta fin de semana o Entroido terá parada fixa en Malpica. O sábado cita co vía Crucis de bares da Mikaela de Buño, e o domingo teremos tamén 3 citas singulares no entroido malpicán. A partir das 15:00h, Percorrido da Comitiva de Entroidos Madamitos e Ghuadineros de Cerqueda. En Seaia, teremos á hora de xantar o Cocido do Farruco que rematará... mal... Como o Faustino en Malpica, que despois de percorrer as rúas será queimado.
Pero é que levan xa toda a semana armando actividades, como o Concurso de Doces de Antroido, que celebrou xa a súa edición número 13, resultou todo un éxito de participación e de público. Máis de 70 doces, a mellor marca xamais, competiron polos primeiros premios nas diferentes categorías do certame.
Finalmente, Casa Antonio, na categoría profesional, e Ana Reigía, na amateur, foron os triunfadores. Estes son os resultados:
Categoría Profesional:
- 1.- Restaurante Casa Antonio cunha deliciosa Torta de iogur con crema de castañas.
- 2.- Cafetería Santiago Apostol cun exquisito Frío de queixo e mel.
- 3.- Bar Atalaia cunhas excepcionais Filloas de laranxa.
Categoría Amateur:
- 1.- Ana Reigía cunha orixinal Torta Peixe de queixo.
- 2.- Asoc. Cultural Malante por unhas saborosas Tortitas de piña.
- 3.- Cristina Ferre Blanco por unha riquísima Tortiña de queixo con amorodos.
Categoría Infantil:
- 1.- Manuel Balsa Balboa por uns impresionantes Bombóns de barquillo.
- 2.- Xela Pérez Verdes que presentou unha deliciosa Torta de tres chocolates.
- 3.- Raúl Pérez Verdes por unha orixinal presentación dunhas riquísimas Natillas.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).