Malpica prepara un verán moi deportivo

Os deportes, a música e o teatro son os principais atractivos da programación de verán do concello de Malpica. Ao longo dos próximos meses haberá distintos curso, torneos e campamentos deportivos dirixidos principalmente aos máis novos. Outro dos atractivos da programación son as "Noites na vila"; un ciclo que se desenvolverá os venres 13, 20 e 27 de xullo e 3 e 10 de agosto en Malpica e no que cada venres haberá unha actuación musical diferente. E no verán de Malpica tampouco pode faltar o Retablo de Fantoches "Rafael Dieste" que este ano trae distintas actividades para os días 28 de xullo e 4 e 11 de agosto. Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)