Malpica prepara un verán moi deportivo
13:04 25/06/18
Os deportes, a música e o teatro son os principais atractivos da programación de verán do concello de Malpica. Ao longo dos próximos meses haberá distintos curso, torneos e campamentos deportivos dirixidos principalmente aos máis novos.
Outro dos atractivos da programación son as "Noites na vila"; un ciclo que se desenvolverá os venres 13, 20 e 27 de xullo e 3 e 10 de agosto en Malpica e no que cada venres haberá unha actuación musical diferente.
E no verán de Malpica tampouco pode faltar o Retablo de Fantoches "Rafael Dieste" que este ano trae distintas actividades para os días 28 de xullo e 4 e 11 de agosto.
Novas relacionadas
- O patrimonio e a arqueoloxía reviven en Vimianzo
- Chega a Zas e a Muxía un verán cheo de actividades
- Chega a Santa Comba un verán cargado de actividades
- O A.C. Baloncesto Costa da Morte ofrece novos cursos para este verán
- Dumbría abre o prazo para anotarse no programa de actividades do verán
- Carnota prepárase para un verán cargado de actividades
- Redacción QPC ([email protected])