Malpica prepárase para o I Balea Fest

Membros da Asociación Campal con Alfredo Cañizo

Este sábado 10 de setembro, Malpica prepárase para o I BaleaFest. A AC Campal, en colaboración coa Confraría de Pescadores e a concellaría de Turismo, dirixida por Alfredo Cañizo, prepara esta cita musiqueira que arrincará ás 21:00h no centro de Malpica para ver en directo aos grupos AC Malante, Ambigüo e The Jokers.