Malpica recupera os 80 anos de mar e memoria do seu porto

Este sábado 16 de marzo terá lugar en Malpica unha celebración singular. "O Mar e a Memoria" quere celebrar o 80 aniversario do porto de Malpica, e o fará cunha serie de actividades culturais artelladas entre a Asociación Caldeirón, a Confraría e o Concello.

A cita comezará coa inauguración ás 12:00h no mercado municipal dunha exposición de fotografía histórica da vila, comisariada por Xurxo Alfeirán.

Xa pola tarde, ás 17:00h na Confraría, Francisco Xavier Redondo Abal presentará o seu libro "O mar e a Meoria: o expediente Armesto". Estará acompañado polo director da editorial Laiovento, Pancho Pillado.

E a continuación terá lugar o visionado con tertulia sobre a serie fotográfica histórica co mesmo Alfeirán, para rematar bañada a xornada cun pouco de viño galego.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).