Venres. 10.05.2024
El tiempo

Propoñen unha quincena de actividades para a romaría de Santo Hadrián

Propoñen unha quincena de actividades para a romaría de Santo Hadrián
Romaria de Santo Hadrian de Malpica-Foto- Turgalicia

Xa queda menos para o 16 de xuño. E este ano cadra en domingo, ademais, polo que non haberá San Adrián Vello, pero a gran festa lucirá moito máis. Malpica xa pensa nesta romaría declarada no 2008 Festa de Interese Turístico Galego, unha das indiscutibles e máis auténticas citas tradicionais do verán costeiro.

E a veciñanza quere máis. Quere que esta festa se convirta nunha referencia non só o propio día 16, se non que propoñen facer algo máis alá. É Adrián Abella o que nos manda varias propostas, enfocadas a desenvolver na "semana ou quincena salpicada de actividades previas á Romaría", unha vez que o día propio xa está repleto.

Abella ofrécese voluntario e propón varias ideas dinamizadoras, para ver se dende o Concello e a nova comisión de festas toma nota.

  • a) Concursos plásticos, de imaxe e literarios (conto, poesía, ensaio... para os Centros de Ensino da Comarca de Bergantiños), sobre o cabo de San Adrián, os seus mitos, a súa Romaría. (Premios en material escolar para os mellor valorados, tanto para os autores coma para os seus Centros)
  • b) Encontro na Barca de San Adrián, na 1ª quincena de xuño: encontro de chalanas tradicionais, piraguas, embarcacións "artesanas" tripuladas e de reciclaxe (cartón, embases plásticos, cordas,...); cando o tempo o permita. Con "carroa" de lapas e minchas para os asistentes.
  • c) "Ocupar" o espacio con actividades: Paseos guiados; Encontros de pesca con cana ou liña; Ciclo-cross polos camiños do monte de Beo, con remate na Galla; Arranxo do camiño dende Navenllos Ó Pozo de San Adrián (animando con esto a Costas de Galicia ou a Medio Ambiente para trazar unha senda aberta a todos os nosos nenos, maiores, discapacitados); Recontrucción da caseta de pedra do portiño con materiais do entorno (pedra, polas, xesta)…

As propostas inclúen tamén varios traballos de acondicionamento de zonas tan simbólicas como A Galla, A Galliña ou O Pozo (e os seus arredores), que están nun estado lamentable. E apunta a posibilidade de recuperar para a festa e artellar alí actividades a ladeira de Nordés do Cabo San Adrián, cun importante valor etnográfico, pesca artesanal, histórico, mitolóxico, paisaxístico…

Veremos se todas estas ideas poden servir para seguir facendo da Romaría de Santo Hadrián unha festa de todo Bergantiños.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios