O mar chega as aulas dos coles de Malpica a través do surf

O skate é unha práctica ideal aprender a facer surf. Na imaxe a cativada de Buño

Fermosas e divertidas sesións de aprendizaxe que viven estas semanas os cativos e as cativas dos CRA Nosa Señora do Faro (Tella, Ponteceso), o CEIP Joaquín Rodríguez Otero (Buño, Malpica) e o CEIP Milladoiro (Malpica). O proxecto “Aprende a través del surfing” estalles servindo para levar o mar ao proceso educativo, na mesma liña que o pioneiro “O Mar na Escola”, pero co surf no canto da vela.

Durante as vindeiras 5 semanas, aprenderán, ademais de valores de igualdade e a inclusión, a cultura deste deporte marítimo para coñecer as mareas, por exemplo, espazos “que temos sempre de man pero que non sempre empregamos como deberiamos”, recalca David Blanco, responsable do proxecto. “A nosa idea, á vez que promovemos a iniciativa, é que colla forza a idea da Reserva local de Surf”, di Blanco, xa que “Malpica conta cun potencial moi grande e cunhas características moi especiais que fan as súas praias espazos moi singulares para a práctica deste deporte.”


Os peques de Barizo aprenden surf na CRA de Tella

Novas relacionadas