Novas varandas para o paseo marítimo de Malpica

O Alcalde de Malpica, Eduardo Parga e o Concelleiro de Obras, Miguel Fernández, estreando as varandas do paseo

30 anos levaban as varandas do paseo marítimo de Malpica sen cambiar. Por iso a Concellería de Obras e Servizos de Malpica acometeu, con fondos municipais, a súa renovación. Os novos elementos de protección están fabricados en aceiro inoxidable pulido, semellante ao que se utiliza nos barcos.

"Mellorar a seguridade da veciñanza e visitantes é o principal obxectivo do investimento que vimos de realizar", destacou o Concelleiro.