Novas varandas para o paseo marítimo de Malpica

03:16 24/01/19

30 anos levaban as varandas do paseo marítimo de Malpica sen cambiar. Por iso a Concellería de Obras e Servizos de Malpica acometeu, con fondos municipais, a súa renovación. Os novos elementos de protección están fabricados en aceiro inoxidable pulido, semellante ao que se utiliza nos barcos.
"Mellorar a seguridade da veciñanza e visitantes é o principal obxectivo do investimento que vimos de realizar", destacou o Concelleiro.