Dous evacuados tras un incendio nunha vivenda en Cerqueda

 

Segundo incendio esta semana en vivendas rurais de Bergantiños. Desta volta o suceso tivo lugar a pasada tarde de mércores, arredor das 19:00h, en Filgueira nº18, parroquia de Cerqueda, Malpica, e os dous inquilinos, unha parella de duns 70 anos tiveron que ser atendidos polo 061 e trasladados ao CHUACH por inhalación de fume.

Os Bombeiros de Carballo, así como Policia Local de Malpica, Garda Civil, GES de Ponteceso e 061 acodían ao lugar para traballar na extinción do incendio que afectou a planta baixa de unha vivenda unifamiliar. O foco do incendio orixinouse na cociña por motivos descoñecidos e o lume afectou a toda a cociña, incluidos os electrodomésticos e mobles, e mesmo chegou a ceder o teito da estancia. 

O resto da vivenda tamén se veu moi afectada polo fume. Despois de extinguir o lume, facer unha ventilación natural da vivenda.

Novas relacionadas