Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A rápida intervención dos Bombeiros impediu que o incendio dunha vivenda en Froxán afectase a outra colindante

Incendio nunha casa en Froxan-Ponteceso
Incendio nunha casa en Froxán, Xornes
A rápida intervención dos Bombeiros impediu que o incendio dunha vivenda en Froxán afectase a outra colindante

Esta mañá de luns rexistrábase un incendio no lugar de Froxán, en Xornes, Ponteceso. Sobre as 11:00h desprazábanse os Bombeiros de Carballo alertados polo 112, ademais do GES de Ponteceso, pois ademais o lume puido terse propagado a unha vivenda colindante de non ter actuado con rapidez.

Afortunadamente, os Bombeiros chegaron a tempo e puideron protexer a casa colindante para que o lume non puidese propagarse. Ademais, ningunha persoa resultou ferida, e só houbo danos material. A vivenda quedou completamente calcinada no interior, ademais de parte das uralitas e o tellado que colapsaron.

Despois da intervención, na que os Bombeiros empregaron 6.000 litros de auga, a casa afectada quedou balizada para que ningunha persoa entrase o interior xa que a consecuencia do incendio as vigas de contención de madeira quedaron danadas con perigo de colapso.

Casa incendiada en Froxan-PontecesoIncendio dunha casa en Froxan-Ponteceso 2

Comentarios