Os Castelos invadiron a praia de Malpica

Tremendamente orixinal a proposta malpicá do Concurso de Barcanas e Castelos de Area "Praia Maior”. Un certame, no marco das Festas do Mar, no que este ano participaron preto de 20 figuras elaboradas na súa maioría por grupos de nenos e mozos, e que reuniu a centos de persoas na praia e no paseo marítmo.

E xa temos as figuras premiadas desta edición:

  • 1º premio: A Tartaruga das flores (130 euros e trofeo).
  • 2º premio: O contrabaixo de Malpica (70 euros e trofeo).
  • 3º premio. A balea de Lugrís (40 euros e trofeo).

Así, levaron o resto de premio as seguintes figuras:

  • Premio barcana: O barco (trofeo).
  • Premio infantil: Os castros galegos (trofeo doado pola asociación de Amas de Casa).
  • Premio do público (votaron 303 persoas): O coche escaravello (trofeo doado pola asociación de redeiras Mar da Illa).

Ollo, que as Festas do Mar de Malpica continúan fervendo!

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).