Luns. 09.09.2024
El tiempo

Os Castelos invadiron a praia de Malpica

Os Castelos invadiron a praia de Malpica
A tartaruga ganou o primeiro premio do Concurso de Castelos de Area de Malpica

Tremendamente orixinal a proposta malpicá do Concurso de Barcanas e Castelos de Area "Praia Maior”. Un certame, no marco das Festas do Mar, no que este ano participaron preto de 20 figuras elaboradas na súa maioría por grupos de nenos e mozos, e que reuniu a centos de persoas na praia e no paseo marítmo.

E xa temos as figuras premiadas desta edición:

  • 1º premio: A Tartaruga das flores (130 euros e trofeo).
  • 2º premio: O contrabaixo de Malpica (70 euros e trofeo).
  • 3º premio. A balea de Lugrís (40 euros e trofeo).
2 e 3 premio dos Castelos de Area de Malpica

Así, levaron o resto de premio as seguintes figuras:

  • Premio barcana: O barco (trofeo).
  • Premio infantil: Os castros galegos (trofeo doado pola asociación de Amas de Casa).
  • Premio do público (votaron 303 persoas): O coche escaravello (trofeo doado pola asociación de redeiras Mar da Illa).

Ollo, que as Festas do Mar de Malpica continúan fervendo!

Premio do Publico dos Castelos de Area de Malpica Participantes no Concurso de Castelos de Area de Malpica

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios