Os Oleiros de Buño preparan unha Semana Santa de fornos abertos

Non paran estes artesáns unidos de Buño. Parece que dende que tomaron o mando da Mostra, viron que para sacar adiante a vila oleira de Buño teñen que poñerse a facer actividades.

E así o fai, abrindo as portas dos Fornos e dos talleres para acoller 3 días de artesanía en vivo por Semana Santa. Os Oleiros abrirán o Ecomuseo o xoves 2 de abril, venres 3 e sábado 4, e realizarán coccións, visitas guiadas, e obradoiros.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).