Domingo. 05.05.2024
El tiempo

Os oleiros levantan a Mostra de Olería de Buño

Os oleiros levantan a Mostra de Olería de Buño
Mostra-de-Oleria-de-Buno-2014-1

Seguimos en medio da XXXI Mostra de Olería de Buño, a cita artesanal máis importante do ano na Costa da Morte. Unha edición especial esta, pois ademais do cambio de emprazamento (segue aberta ata este domingo 10 no parque Luciano García Alén, no centro da vila oleira), a organización corre a conta dos propios oleiros, a través da Asociación Oleira de Buño, contando coa colaboración do Concello de Malpica e co Ecomuseo do Forno do Forte como un dos focos de atracción dos milleiros de visitantes.

Precisamente foi no Forno do Forte, un dos grandes atractivos da vila, onde se celebrou a fin de semana a Cocedura Tradicional máis grande da historia desta actividade. Nada menos que 2000 pezas cocéronse durante a pasada fin de semana, coa participación do oleiro o Rulo, e mais o alcalde, recuperando así a tradición máis festiva das coceduras. I é que antano, eran auténticas festas, nas que se celebraba unha pequena romería arredor do forno.
Así, despois de seis horas de enfornado, catro de cocción, quince de repouso e case catro de desenfornado, máis de 2.000 pezas de olería saíron hoxe do Forno do Forte de Buño.

Cocedura-de-2000-pezas-no-Forno-do-Forte-de-Buno Cocedura no Forno do Forte de Buno

Máis actividades

Mostra-de-Oleria-de-Buno-2014

Os postos de venda de tendas e artesáns están abertos de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 horas todos os días, pero ademais celébranse actividades paralelas.
Hoxe mércores o Ecomuseo do Forno do Forte recibirá a visita dos nenos e nenas que participan na Ludoteca de Verán do Concello de Malpica. De 11.00 a 13.00 horas visitarán as exposicións e participarán nos obradoiros de barro.

Tamén se levan a cabo actividades complementarias no Ecomuseo do Forno do Forte, que está aberto durante toda a semana de 11.00 a 13.00 e de 17.00 a 20.00 horas. O público poderá visitar a exposición permanente, pero tamén a mostra realizada expresamente para este evento polos oleiros de Buño, con pezas únicas e exclusivas, e a exposición fotográfica Aloumiñando o barro, de Criss Becerra. Ao mesmo tempo hai exhibición sao torno e obradoiros de barro para nenos.

Artesania-do-Rulo-na-MOstra-de-Oleria-de-Buno-2014

Novas relacionadas

Últimas Mostras

Fonte

  • Concello de Malpica.

Comentarios