Os veciños de Malpica presentarán alegacións ao proxecto da EDAR

Xa ían moitos anos de loita para acadar unha ubicación da depuradora EDAR de Malpica. Finalmente a Xunta daba o visto bo á construción no porto a pesar do perigo medioambiental que xenera. Pero non todos os veciños están dacordo ca ubicación escollida.

O proxecto está en exposición pública no Concello de Opatio Malpica e en Augas de Galicia, polo que quedan uns 15 días para presentar alegacións. Alegacións á problemática de ter que usar o Bombeo, e xa hai quen apunta que podería ser un túnel ou un falso-tunel boas alternativas, así como unha circunvalación da Atalaia tamén se falou no seu tempo.

I é que consideran que unha estación de bombeo, en pleno paseo da praia, pegado á area non é o máis recomendable. Así e todo e no caso de que sexa inevitable que se melloren ás deficientes condicións nas que se encontra e crear unha Terraza-mirador alternativa.

Camiño dos maiores

Ademais, os veciños destacan que "é unha oportunidade para ir facéndolle camiño ós maiores e diminuídos para que poidan acerdarse facilmente á auga e, mesmo descatan que podería servir para achegalos ás actividades e deportes acuáticos.

Proposta

Poden botar un ollo na Selaguía de Adrián Abella para ver as propostas veciñais.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
  • Adrián Abella Chouciño en Selaguía.