Martes. 23.04.2024
El tiempo

A voltas coa Depuradora de Malpica

A voltas coa Depuradora de Malpica

Xa vai máis dun ano dende que a depuradora de Malpica busca ubicación. As disputas políticas entre a Portos de Galicia (PP) e o anterior goberno malpicán (PSOE) provocaron o retraso dunha necesaria infraestrutura como é unha Estadión Depuradora de Augas Residuais.

Desta volta, e xa con gobernos da mesma cor en Portos e Concello, o asunto volve ser retomado, esperemos que de xeito definitivo. Deste xeito, o presidente do ente público, José Juan Durán, reiterou no Parlamento a plena vontade de colaboración do seu departamento para a consecución da EDAR, coa intención de consensuar o seu emprazamento. Así o anunciaba en resposta a unha pregunta na Comisión 8ª de Pesca e Marisqueo.

Durán lembrou tamén que o ente público participou recentemente nunha reunión a tres bandas co ente adscrito á Consellería de Medio Ambiente e coa Administración local, co obxectivo de avanzar neste sentido.
O presidente do organismo portuario informou de que ata o momento non se teñen iniciado os trámites de cesión de parcela portuaria algunha dado que non existe, polo de agora, unha decisión acerca da ubicación definitiva da depuradora. Así mesmo, subliñou que Portos de Galicia facilitará na medida das súas posibilidades a instalación da EDAR sen perxuizo algún para a normal actividade portuaria, dado que a priori “os portos non son os lugares axeitados para a instalación deste tipo de infraestruturas”.

Fin de obra de Brens

Noutra pregunta na Comisión, José Juan Durán reiterou o anuncio feito público a pasada semana nunha visita ao municipio de Cee, de que as obras de ampliación do peirao de Brens estarán rematadas, salvo imprevistos de última hora, a final deste ano. Esta actuación requeriu un investimento de 14,5 millóns de euros, que foi cofinanciado con fondos Feder. O novo peirao permitirá a operatividade a barcos de ata 25.000 toneladas, establecendo “un novo escenario nos tráficos marítimos de toda Galicia”.

Embarcadoiro en Ponteceso

Finalmente, Durán Hermida informou do estado de tramitación do proxecto de embarcadoiro para a flota náutico recreativa en Ponteceso, informando de que a Dirección xeral de Patrimonio observou unha posible afectación na ubicación proposta inicialmente polo Concello, polo que Portos de Galicia e a Administración local colaborarán agora na proposta dunha nova parcela.

Novas relacionadas

Comentarios