Os voluntarios de Protección Civil de Malpica retirou medio centenar de avespa velutina

Falamos estes días do desamparados que se atopan os concellos na loita contra a invasión da avespa velutina. Algúns Concellos como Carballo teñen medios para armar un servizo municipal de control de pragas, pero a meirande parte dos pequenos concellos da contorna depende do voluntarismo.

Un exemplo é Malpica, que depende do traballo da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, coa pequena colaboración da Xunta que achega material. Segundo o balance que vén de presentar o coordinador de Protección Civil, Iván Muíño, nos últimos 6 meses foron retirados un total de 50 niños no noso concello. O servizo municipal actuou nas parroquias de Barizo (4 niños) Buño (11), Cambre (5), Cerqueda (16), Leiloio (7), Malpica (3) e Mens (4).

Está equipada, a verdade, a Agrupación de Protección Civil, pois dispón dunha pértega, e de traxes específicos para a loita contra a avespa asiática.

As persoas que localicen un niño deben chamar ao 112 ou ao 012.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).