A polémica do Castelao de Malpica na versión do autor do mural, Yoseba MP
25 de maio de 2024 (11:59 h.)
Xa choveu dende aquel agosto de 2021 cando xurdía a polémica por un fermoso mural pintado por Yoseba MP en Malpica. Pero aínda non se pecharon algunhas cicatrices, como comparte hoxe mesmo o autor do mural nas redes sociais.
O que non pase nunha vila da Costa da Morte non pasa en ningures. Un “cacique”, un alcalde (naquel entón Walter Pardo, do PSOE), un artista, un mariñeiro e o propio Castelao serían os protagonistas dunha das súas caricaturas.
Así o reflexiona anos despois: