Os Premios AtlanticHub recoñecen as nosas persoas que coidan os oficios do mar

Emotiva xornada a vivida no Auditorio do Centro Cívico de Malpica este pasado luns 28 de outubro. Percega (a Asociación de Percebeiras e Percebeiros de Galicia) vén de celebrar a clausura o programa AtlanticHub 2024 coa cerimonia de entrega de premios AtlanticAwards. Uns galardóns para poñer en valor o emprendemento, a innovación, a sustentabilidade e o mantemento dos oficios tradicionais ligados ao mar.

Percebeir@s, redeiras, cociñeir@s ou o alumnado dos centros de ensino foron os protagonistas deste proxecto, que xa percorreu empresas, obradorios, concellos, centros de innovación e centros educativos da nosa costa.

Abría a sesión o anfitrión, o alcalde de Malpica Eduardo Parga, que definiu un HUB como un concentrador; unha unidade capaz de enrutar recursos diversos para almacenalos e compartilos nun contedor común. Esa é a idea da Percega e os GALP para lanzar estes galardóns.

Francis Heybrook recollendo un dos premios

O Premio AtlanticHub 2024 Innovación recaeu en Francis Heybrook, creador dunha academia de inglés en Muxía.
Como finalistas quedaron o cociñeiro José María Fernández, Chema da Tabernetta de Ponte do Porto; Jorge Mira, Rubén Balseiro, artesán do Naseiro; e a artesá do coiro cormelá Raquel Rey,

O Premio AtlanticHub 2024 Emprendemento foi para Beatriz Verdes, creadora do proxecto as Cabanas de Vendaval.
Finalistas quedaron Anabel Pardiñas, técnica municipal da Laracha; Patrick Vilán, creador dunha academia de surf en Malpica; Digna Romar, loitadora de Camelle; José Carlos Alcalde, picheleiro que rexenta unha cetárea en Muxía; e Silvia Facal, unha das copropietarias do Hotel Balarés en Ponteceso.

O Premio AtlanticHub 2024 Sostible foi para Virginia Barros, presidenta de Mar de Fábula. Como finalistas quedaron Marcos Pérez, da Fundación Galicia Sustentable; Vanessa Silveira, horticultora en A Laracha; Vicente Bello, artesán do coiro; Susana Fandiño bióloga da Conselleria do mar; e Lucía Lorenzo, restauradora e horticultora de Ponteceso.

E finalmente o Premio AtlanticHub 2024 Oficios é para Antonio Pereira, O Rulo, o eterno oleiro de Buño. Tamén foron finalistas Lita González, mariscadora de Camariñas; Rosa Rodríguez, redeira cormelá; Antonio Haz, Toñico, percebeiro de Muxía; Jesús Méndez, Suso de Basilio, o mestre músico de Corme; e Teresa Seara, cesteira de Ponteceso.

Premios Junior

Oos premios para os centros de ensino son para:

  • Premio AtlanticHub 2024 á idea de negocio: a alumna Iria González García.
  • Premio AtlanticHub 2024 á idea innovadora: a alumna María Pérez Fernández ,
  • Premio AtlanticHub 2024 á Idea Sustentable: Grupo de alumnos e alumnas do IES Urbano Lugrís de Malpica de Bergantiños, baixono pseudónimo "Urbano Tasende Chouciño”.

Máis novas