mércores. 30.04.2025
El tiempo

Percebeiros e Percebeiras de Galicia achegan o seu labor a máis de 700 alumnos e alumnas da Costa da Morte

Exposicion AtlanticFaces de Percega no CEIP O Areal
Así están levando a exposicion AtlanticFaces de Percega ao CEIP O Areal
Percebeiros e Percebeiras de Galicia achegan o seu labor a máis de 700 alumnos e alumnas da Costa da Morte

Esta semana arrancan os Atlantic Schools, promovidos pola Asociación de Percebeiros e Percebeiras de Galicia (PERCEGA). Un circuíto por centros educativos do territorio Galp Costa da Morte para expoñer unha unidade didáctica que, tomando como base a exposición Atlantic Faces e as Atlantic Guides, concience ás alumnas e alumnos sobre a importancia de vivir, traballar, emprender, innovar e coidar os nosos municipios, animándolles ademais a participar en tres retos: un reto emprendedor, un reto innovador e un reto sostible.

A potente exposición recolle mais de 62 facianas singulares do noso tecido produtivo, como restauradoras, mariñeiras, percebeiras, artesás... de concellos como Malpica, Ponteceso, Muxía, Laxe ou Camariñas.

Exposicion AtlanticHub de percega
Unha das facianas que forman a Exposicion AtlanticFaces

Esta acción englóbase dentro do proxecto subvencionado polo Galp Costa da Morte AtlanticHub. Proxecto promovido pola Asociación de Percebeiros e Percebeiras, que tomando como punto de partida a diagnose do territorio e unión dos axentes locais ligados ao mar, realizan actividades de dinamización e posta en valor dos oficios mariñeiros, aproveitamento sostible dos recursos mariños e de emprendemento ao redor da economía azul.

Exposicion AtlanticFaces nos cole de Malpica
No cole de Malpica

No IES da Ponte do Porto, contaron como anécdota que entre os clientes que demandan os “percebes da Barca” están clubs como o Real Madrid e o Barcelona, que saben apreciar o traballo dos que se arriscan para conseguir este produto.
Ademais de presentar unha colección de 6 contos nos que fan un repaso do patrimonio natural que posúe a Costa da Morte, invitaron a participar ao alumnado nun concurso de ideas innovadoras e sustentables para mellorar as súas localidades e o seu propio instituto.

As sesións arrincaron onte luns 14 de outubro en Malpica, con visitas ao CEIP Milladoiro e no IES Urba no Lugrís. Hoxe martes, as citas danse nos camariñáns CEIP O Areal e CEIP Ponte do Porto pola mañá, e no IES Pedra da Aguia pola tarde. O mércores 16 será adicado para os 4 centros do Concello de Muxía (IES Ramón Caamaño, CEIP Virxe da Barca, CEIP Vilarmide e CEIP Os Muíños) mentres que a xornada do xoves visitarán o CEIP Cabo da Area de Laxe e os pontecesáns IES e CEIP Eduardo Pondal.

PERCEGA no IES Ponte do Porto
PERCEGA no IES Ponte do Porto

Máis novas de Percega

Comentarios